Viveiro 13-5-19. Continuando coas accións que ven realizando a Fundación Ecotur en Viveiro e comarca. Estaba convocado para hoxe ás 17:30h en Regal Xunqueira un acto onde se ía presentar VIVEIRO 2030. Plan Estratéxico de Turismo Sostible de Viveiro. Ante a falta de asistentes posponse o acto ata
novo aviso. No acto estaba previsto dar a coñecer o valor do turismo sostible e a oportunidade que representa para Viveiro no caso de apostar por este tipo de estratexia.
O turismo sostible ou ecoturismo consiste en viaxar a entornos naturais ou non, para adquirir coñecementos sobre os valores sociais, culturais e naturais da área, sempre co mínimo impacto posible sobre o medioambiente. Se o ecoturismo está ben planificado, pode e debe contribuir á conservación da natureza e das culturas, da súa diversidade, e ao mesmo tempo, proporcionar unha alternativa económica para as poboacións locais.
As directrices para o desenvolvemento sostible do turismo e as prácticas de xestión sostible aplicánse a tódalas formas de turismo en tódolos destinos. Os principios de sostenibilidade refírense aos aspectos medioambientais, económicos e socioculturais do desenvolvemento turístico.
Debéndose establecer un adecuado equilibrio entre esas tres dimensións para garantir o longo prazo, a consecución de propostas claras en cada dimensión. O desenvolvemento sostible do turismo esixe a participación informada de tódolos axentes
relevantes, un liderazgo político firme para lograr unha colaboración ampla e establecer un consenso colectivo. O logro dunha estratexia deste tipo, é un proceso continuo e continuado dun seguimento constante das súas incidencias, para introducir medidas preventivas ou correctivas
necesarias no avance da mesma.
É por esto, que para Viveiro cómpre facer un amplo chamamento a tódolos sectores para analizar en qué medida poden ou deben aportar ao complemento do conxunto de medidas e accións que resulten da estratexia. Esto é, deseñar conxuntamente a liña de propostas e accións nos diversos campos de actuación e xestión, como son a auga, a alimentación, o forestal,a pesqueira, o rural, a empresarial e de emprendemento, a cultural, a educativa,a comercial,a enerxética,etc.
Así que esperamos que en vindeiras datas podamos compartir entre os axentes e cidadanía o que pode ser un verdadeiro motor económico para Viveiro. Porque non hai que esquecer que os fondos económicos europeos están a “premiar” a investigación e innovación, así que porqué non pensar en facer de Viveiro un centro experimental e de innovación en turismo sostible.
A delegación da Fundación Ecotur en Galicia ten a súa sede en Viveiro, dirixida por Lucas Requejo.
Fundación Ecotur
O obxectivo da fundación é expandir, promocionar e crear oportunidades arredor de proxectos onde a sostenibilidade do turismo sexa a base sobre a que crear experiencias que poñan en valor as tradicions locais, o patrimonio cultural e natural do medio rural de maneira comprometida cun adecuado desenvolvemento rural e sostible.