O Academia A Mariña CB Burela, como anfitrión e organizador, abrirá a cita o sábado, ás 11.00 horas, na fase de permanencia de Infantil Masculina Galega medíndose ao Río Ourense Termal. Ás 13.00 horas tocaralles a quenda a PBB Porriño e Syngenta Seis do Nadal.
A gran final decidirase na xornada dominical entre os gañadores dos anteditos duelos, a partir das 10.30 horas. A pugna polo título da Copa Federación será ás 12.00 horas, ente Peleteiro e Óptica Campelo Marín.