Co inicio das obras de demolición das naves existentes no porto de Viveiro, as prazas de estacionamento existentes quedan temporalmente inutizadas; por ese motivo, ante a necesidade de habilitar outras zonas alternativas de estacionamento, o concello solicitou a Portos de Galicia e á Dirección Provincial do INSS e da TXSS o uso da explanada do porto deportivo e do lugar onde se vai construir o CAISS, respectivamente, para usar temporalmente como zona de estacionamento mentres duren as obras referidas.
Por parte de Portos de Galicia, xa se comunicou que se autoriza o uso da explanada.