Viveiro, 22 de maio de 2019. Co inicio das obras de demolición das naves existentes no porto de Viveiro, as prazas de estacionamento existentes nesa explanada quedan temporalmente inutizadas; por ese motivo, ante a necesidade de habilitar outras zonas alternativas de estacionamento, este concello solicitou a Portos de Galicia e á Dirección Provincial do INSS e da TXSS de Lugo o uso da explanada do porto deportivo e do lugar onde se vai construir o CAISS, respectivamente, para usar temporalmente como zona de estacionamento mentres duren as obras referidas.
Por parte do INSS, xa se comunicou a este concello a autorización para este uso e, dende o día de hoxe, a explanada referida permanecerá aberta para o seu uso como zona de estacionamento.