Burela 27-5-19. A Escola do Pescados Rubén Burela FS realizará xornadas de portas abertas a partir da vindeira semana para tod@s @s nen@s que queiran achegarse máis ao fútbol sala, entre as categorías Biberón e Cadete, e de forma totalmente gratuíta.
O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 982581815 ou en escuelasburelafs@gmail.com
Data límite de inscrición (prazas limitadas)
-De Biberón (nad@s en 2013-14) a Benxamín: Ata o mércores 29 de maio (ás 14.00 horas)
-De Alevín a Cadete: Ata o venres 7 de xuño (ás 14.00 horas)
Períodos de adestramentos
-De Biberón a Benxamín: Dende o xoves 30 de maio ata o martes 11 de xuño
-De Alevín a Cadete: Dende o mércores 12 de xuño ata o martes 25 de xuño