Ao Pescados Rubén Burela FS custoulle salvar a presión proposta polas locais nun principio e para iso tivo que recorrer á porteira xogadora. Así abriu o marcador no minuto 14, nas zapatillas de Cami, un gol co que cambiou a dinámica de xogo. As mariñás controlaban a cita, con numerosas ocasións, aínda que non coa fluidez habitual; así tiveron que conformarse coa renda de 0-1.
O UCAM igualou a contenda no minuto 24, con Pepa, nunha segunda parte onde o protagonismo foi para as porteiras xogadoras. Un minuto despois, Cilene cun disparo ao bordo da área anotaba o 1-2. Superada a medianía do período, o conxunto lucense volvía optar polo xogo de cinco; Bea Mateos anotaba o 1-3; pouco despois, desde fóra da área, Pepa recortaba de novo distancias. A catro minutos da conclusión, coas galegas seguindo co xogo de cinco, aumentaba a súa renda cun gol de Pepa en propia meta e a tranquilidade levábaa Jenny, rapidamente. Xa no desenlace Patri desde fóra da área subiu o definitivo 3-5.
Ficha técnica
UCAM ElPozo Murcia FSF: Irene, Toñi, Pepa, Patricia, Rocío, cinco inicial; tamén xogaron Noelia, Mª.del Carmen, María, Lola, Susana
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Lara Balseiro, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Cami, Jenny, Luci, Popó, Jozi
Goles: 0-1, minuto 14, Cami; 1-1, minuto 24, Pepa; 1-2, minuto 25, Cilene; 1-3, minuto 32, Bea Mateos; 2-3, minuto 36, Pepa; 2-4, minuto 36, Pepa (pp); 2-5, minuto 37, Jenny; 3-5, minuto 39, Patricia
Árbitros: Hervás Soria // Vega Martínez. Por Burela amarela a Peque (minuto 14).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en pavillón José María Cagigal.