destacables deste grupo foi a consecución de 27.000 euros anuais para as arcas municipais, procedentes das entidades bancarias que, tras a elaboración dunha ordenanza fiscal que regula a taxa pola instalación de caixeiros automáticos nas fachadas dos inmobles con acceso directo dende a vía pública, deberán pagar unha cota de 3.000 euros anuais por cada caixeiro instalado.
En Viveiro, existen nove caixeiros con acceso directo a vía pública, o que supuxo a entrada de 27.000 euros anuais no concello. Isto non sería posible sen o traballo e a dedicación dos compoñentes de SON Viveiro e, en especial, dos xa exconcelleiros Víctor Marcial Miranda e Marcos Besada, que defenderon a proposta en diferentes plenos. Pese a que o primeiro defendeu esta proposta nun pleno xa en novembro de
2015, e foi aprobada en abril do 2016 co segundo, a cota non se puido cobrar até o exercicio do 2017, debido á lentitude do goberno municipal á hora de elaborar a ordenanza.