Tivo lugar esta martes, programado pola delegación de Seguridade Cidadá do Concello de Cervo. Forma parte do plan de emerxencias do centro, e está concibida para testar o correcto funcionamento do sistema de detección de incendios, co obxectivo tamén de reforzar os procedementos de evacuación, dadas as características especiais destas instalacións que albergan a moitos menores. O simulacro, que se realiza de xeito anual, ten como obxectivo incrementar sempre a seguridade, e ampliar os coñecementos das persoas que traballan no centro para que saiban proceder adecuadamente se se presenta unha situación de risco.