Burela, 22 de maio de 2019.- O candidato á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, vén de reunirse coa directora xeral de comercio, Sol Vázquez, en Santiago. Nesta reunión, na que estivo acompañado por outros dous dos membros da candidatura, Oroza e Pardeiro, puxéronse enriba da mesa as carencias que sofre a Acia Burela nestes momentos e que xa lle foran trasladadas no seu día á Agrupación Local do Partido Popular por parte da directiva desta asociación de comerciantes.
Neste senso, Sol Vázquez, considera que unha Acia forte neste concello é fundamental. Rouco comentoulle que “é necesario que a asociación conte cunha subvención continuista no tempo que lle dea estabilidade ás propostas promocionais que os comerciantes queren ter na vila”. Para isto Vázquez ve “necesario profesionalizar a xerencia de dita entidade”.
O candidato burelao, propuxo unha solución conveniada pioneira entre Acia Burela, Consellería de Comercio e Concello de Burela “en caso de que o Partido Popular sexa a opción de goberno do municipio mariñán”, é continúa, “que lle daría saída a esta cuestión sen que para elo os comerciantes de Burela tiveran que asumir ningún tipo de risco patrimonial”.
“Con este triple convenio as axudas para o comercio local de Burela, cando menos, poderían chegar a triplicarse” afirma o candidato popular.
Esta é unha mostra máis da filosofía de goberno que pretende instaurar este novo proxecto do PP en Burela, e que pasa por “traballar sen descanso ata que os problemas que son presentados por parte dos diferentes colectivos da vila teñan solución”.
Llano reduce a subvención
“Lamentamos que o actual alcalde Llano lle limitara tanto os seus recursos á asociación de comerciantes de Burela reducindo a case que a metade a subvención que no seu día instaurou outro goberno local do Partido Popular”. A este respecto, conclúe, “non lle chegaba con tratar de subir os impostos, caso das farmacias da vila, se non que tamén tiña que mermar as axudas municipais ao comercio”.