Cervo 14-5-19. Co obxectivo posto no Xacobeo 2021 o Concello de Cervo, conxuntamente coas distintas asociacións do municipio, quere impulsar e poñer en valor o tramo que discorre polo termo municipal e que forma parte do coñecido como Camiño do Mar, a través do programa que foi bautizado como Cervo no Camiño.
A primeira actuación que se vai levar a cabo para darlle difusión a esta ruta será este domingo 19 de maio, cando se realizará unha camiñada para percorrer este tramo do Camiño ao seu paso polo municipio.
As persoas interesadas en participar nesta primeiro roteiro do 19 de maio teñen de data ata mañá para inscribirse na Casa da Cultura (982 59 51 57), no Concello, ou a través da dirección casadacultura@concellodecervo.com.
Haberá servizo de autobús para a ida e a volta:
Saída do autobús de San Cibrao (parada de autobuses): 10.00 h
Paso do autobús por Cervo (marquesiña ao carón da Casa do Concello): 10.15 h
Hora do comezo da camiñada en Sargadelos: de 10.30 a 10.45 h
Ao chegar a San Cibrao haberá outro autobús con destino Cervo entre as 12.30 e as 13.00 h.
A segunda actuación será realizar distintos tramos do Camiño de Santiago desde Pedrafita ata Santiago. Xa están concretadas algunhas das datas que aquí vos avanzamos.
AS ETAPAS DO PROGRAMA CERVO NO CAMIÑO
ETAPA 0: SARGADELOS – SAN CIBRAO (19-05, 7km)
ETAPA 1: O CEBREIRO- TRIACASTELA (02-06, 21,1km)
ETAPA 2: TRIACASTELA- SARRIA (09-06, 18,3 Km)
ETAPA 3: SARRIA- PORTOMARÍN (16-06, 25 km)
DESPOIS DO VERÁN: (DATAS A CONCRETAR)
ETAPA 4: PORTOMARÍN – PALAS DE REI 25 km
ETAPA 5: PALAS DE REI- FRAGA ALTA 22 km
ETAPA 6: FRAGA ALTA- ARZÚA – A BREA 20 km
ETAPA 7: A BREA – O PEDROUZO -SAN MARCOS 21 km
ETAPA 8: SAN MARCOS – SANTIAGO 5.7 km