Viveiro 15-05-2019. Este 17 de Maio día das Letras galegas, remata a 6ª edición da Semana das artes plásticas da Mariña. Dende o 17 de abril, máis de 1.680 escolares, pasaron pola exposición, recibindo no percorrido a ensinanzas de Iria García e Martín Lestao, que os guiaron o rededor do Diálogos dos/as artistas mariñáns e os/as invitados fora da comarca que por primeira vez eran acollidos/as neste espazo. Queremos agradecer en primeiro lugar as/os profesores/as o traballo inxente para que isto fora posible, así como os seus centros escolares. Sin eles e os seus alumnas e alumnos esta proposta sería inviable. Así mesmo agradecer ó concello de Foz e o seu rexedor Javier Castiñeira as axudas recibidas. Así mesmo a Alfredo Llano , presidente da Mancomunidade de municipios da Mariña, Dirección xeneral de cultura da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo a súa colaboración.
Un ano máis temos que lembrar a consideración do CENIMA como sala permanente e motora das inquedanzas plásticas dos/as mariñáns. Presuposto e persoal axeitado para levalo adiante, así como unha programación que dalgún xeito proporcione á nosa comarca un coñecemento do mundo plástico para desenvolver ensinanzas que axuden a entender a creatividade como a vía de mellorar as nosas vidas. Esta asociación expresou o dia da innaguración que de non cumprirse estas condicións indispensables, lamentablemente deixará de realizalas.