Site icon Crónica3.com A Mariña

Proposta de realización dun debate público e democrático sobre o Concello con todas as formacións políticas que se presentan ás eleccións do 26 de maio en Barreiros

Barreiros 6-5-19. Co gallo da celebración, o vindeiro 26 de maio, de eleccións municipais e co obxectivo fundamental de que a cidadanía coñeza as propostas das distintas formacións políticas para o concello de Barreiros, asociacións de Barreiros propoñen, ao igual que xa se propuxo hai 4 anos coas eleccións municipais do ano 2015, a realización dun debate público e democrático en Barreiros cos tres grupos políticos que presentan candidatura a ditas eleccións.
Este debate, de carácter público e absolutamente imparcial, é plantexado como un complemento imprescindible aos mítines electorais que poidan organizar os distintos partidos políticos, no cal a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos tres grupos políticos, nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos. Son: respeto e igualdade nos tempos de intervención e respecto nos turnos en función do número de votos obtivos por cada partido político nas anteriores eleccións.
Con ese obxectivo, diríxese esta carta ao movemento asociativo de Barreiros coa finalidade de informar de dita iniciativa e convidar á asociación que reciba esta carta a adherirse á mesma, se así o desexa.
A adhesión a esta iniciativa por parte dunha asociación ou colectivo suporá ter a posibilidade de aportar temáticas, propostas ou preguntas a plantexar en dito debate, para que sexan respondidas polos tres grupos políticos.
Para facilitar a comunicación entre as distintas asociacións sobre esta iniciativa foi creada a conta de correo electrónico debatepublicobarreiros@gmail.com As asociacións que desexen participar aportando preguntas para que sexan respondidas polos tres grupos políticos, deben comunicalo por correo electrónico ata o día 9 de maio ata as 2 da tarde.
O debate só se celebrará no caso de que os 3 grupos políticos acepten participar, para o cal se lles entregará unha carta convidado a participar e na cal figurarán todas as asociacións adheridas.
Esta iniciativa ten carácter asociativo e aberto, polo que as asociacións receptoras desta carta están facultadas a remitila a aquelas outras organización ou colectivos do concello de Barreiros que puideran estar interesadas en adherirse, co único requisito de ser entidades creadas sen ánimo de lucro.

Exit mobile version