Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da IV Romaxe Viquinga

 O Vicedo 31-5-19- Este venres presentouse na Casa da Cultura do Vicedo a IV Romaxe Viquinga que se celebrará os vindeiros 26 e 27 de Xullo coa praia de Area Grande (San Román) como principal escenario.
Compareceron neste acto de presentación o excelentísimo alcalde do Vicedo D. José Jesús Novo Martínez acompañado do delegado territorial en Lugo da Xunta de Galicia D. José Manuel Balseiro Orol e dos artistas Enrique Domínguez e Andrea Pousa (Queiman & Pousa), quenes serán os encargados de levar o peso organizativo este ano.
O máximo responsable do equipo de goberno vicedense indicou que a Romaxe deste ano “está deseñada para chegar á maior xente posible e que a xente permaneza máis tempo na romaxe, para eso habilitaranse máis postos de comida e que a xente non marche a mediodía.” Tamén destacou que o pregoeiro da Romaxe será este ano Serxio Pazos, actor sobradamente coñecido no panorama galego e mesmo en España. En canto ás novedades do programa, quixo destacar o espectáculo “Terras de Queimada”, que será pola noite.
O Delegado territorial en Lugo da Xunta de Galicia resaltou que sempre lle parece que a Romaxe leva máis anos celebrándose dos que realmente leva porque atrae moita xente e forma parte do panorama estival da Mariña de Lugo, que a Xunta de Galicia se esforzou desde o primeiro ano en estar coa Romaxe e que seguirá estando. Tamén destacou que el mesmo persoalmente se implicou e participou no primeiro día o ano pasado..
Por último, tivo lugar a intervención dos responsables da parte artística da Romaxe, Queiman e Pousa, para resaltar que a parte cultural gustou moito aos irlandeses que viñeron o ano pasado e que por eso repetirán e mesmo virá algún membro máis dunha asociación irlandesa que participou na gravación da serie Vikings, e eso seguirá dándolle á Romaxe un carácter internacional que lle dá prestixio. Tamén destacaron como novidade que a parte do desembarco do barco na praia será máis destacada porque o ano pasado había moitísimo público esperando na propia area da praia a que chegase o barco. Reforzarase tamén a sonorización de todas as actividades do día e destacou finalmente que os espectáculos nocturnos son moi visuais. Para rematar, incidiu que é moi importante a implicación e participación dos veciños do pobo e dos Cabaleiros do Vicedo.
Previamente tivo lugar o acto de presentación para os alumnos e alumnas do CEIP do Vicedo que participaron no Concurso de Debuxo Infantil Romaxe Viquinga. Establecéronse 2 categorías (de primeiro a terceiro de Primaria e de cuarto a sexto de primaria) e os gañadores foron Daniela Vale Martínez para a categoría de primeiro a terceiro e Ana González Fra (6º) para a categoría de cuarto a sexto. Ambos levaron un lote de libros como premio ao seu traballo e todos os nenos e nenas do colexio levaron material escolar como agasallo e para premiar o seu labor. Tamén cantaron cancións con Queiman e Pousa e puideron presenciar unha performance coa proxección dun video sobre a Romaxe Viquinga.

Exit mobile version