Nun grupo independente as ambicións persoais deixanse a un lado, pois indo neste tipo de formaciónsnon se pode lograr nada para nós mesmos porque non existe un partido que nos poida “compensar” pola nosa laboura. A única compensación que ambicionamos,e coa nosa postura queda ben claro, é a do traballo ben feito e o recoñecemento dese traballo por parte dos nosos veciños.
No período anterior quedaron obxetivos por cumplir que agora están acompañados de proxectos novos polo que esperamos que os nosos conveciños reciban o noso regreso con gañas e ilusión.