Site icon Crónica3.com A Mariña

PP e NNXX Viveiro reivindican como súas moitas das propostas de campaña doutras formacións

 viveiro 16-5-19. Dende Novas Xeracións e o Partido Popular queremos agradecer, a tódolos grupos que se acorden das nosas ideas e propostas feitas ó longo dos derradeiros anos.

Está moi ben que se preocupen, pero por xustiza debemos recordar que moitas da propostas sobre Economía, Industria e Emprego realizadas fíxoas o PP e NNXX Viveiro. Son preocupacións e necesidades que teñen en nós o principal aliado.

Ademáis moitas levadas a pleno e rechazadas, ainda hai un mes o PP levou a pleno un Plan Esratéxico de Economía Viveiro 2020, hai ano e medio o de facer un Centro de Negocios/Viveiro de Empresas/Recinto de Feiras, para formación e información, levamos adherirnos ó Programa Concello Empredendedor, Bonificacións Industriais e puxemos no debate púlbico a creación de riqueza a través da Transformación Forestal e Pesqueira, o Asociacionismo e patronal por sectores, Estudios e análsises de consultoras, universidades, contacto con centros Financieiros, Bolsas de emprego e prácticas, un Plan de Turismo ou de Embelecemento Urbán, Vitalizar o Patrimonio Inmobiiario Local, a Marca VIVEIRO para productos locais, un Circuito de Artesáns, e máis Apoios Comeciais, etc. Unha Concellería sobre Economía, Emprego, Industria e Comercio.

Moitas e moitas horas de traballo e estudo sobre a temática, avaladas con eventos, reunións, propostas, algunhas a punto de florecer en Viveiro e quese viron truncadas por quen hoxe fai bandeira delas.

Ogallá se cheguen a realizar pero, se nada supemos nestes anos, semellla que estos días son verbas valeiras, sen un estudio real nas institucións e organismos pertinentes. Pero insistimos estamos agradecidos do interés mostrado.

Exit mobile version