Site icon Crónica3.com A Mariña

Posición de Ciudadanos sobre o pavillón de Burela

Burela 14-5-19. Unha das preocupacións que palpamos nas distintas reunións mantidas cos colectivos sociais e deportivos de Burela foi a falta de espazo deportivo.

O alcalde de Burela e o seu equipo de goberno enganaron aos veciños, non unha senón moitas veces e neste tema moito máis aínda. Lembremos que cando Alfredo Llano estaba na oposición xa falaba e demandaba esta instalación. Nas eleccións do 2015 era unha das propostas “estrela” que levaba o PSOE no seu programa.

En maio do 2015 tivo a sorte das urnas, as que lle deron a responsabilidade de empezar a gobernar o Concello de Burela. A desgraza para a sociedade de Burela foi vivir e sufrir o desgoberno de Alfredo Llano e o seu equipo durante estes catro anos, non se fixo nada.

Se tiramos de hemeroteca. Prometeron por activa e por pasiva a construción dun novo pavillón polideportivo para Burela, anunciaron múltiples solicitudes e xestións sobre iso. A realidade é que catro anos despois do goberno do PSOE o pavillón polideportivo non existe. Non se fixo ningunha xestión seria, pero, sen embargo, si que se nos dixo que se fixeron. Catro anos do PSOE con moitas mentiras, deixamento e desgoberno.

Os veciños de Burela non merecen outros 4 anos de desgoberno e mentiras, por iso nós desde Cs levamos no noso proxecto de goberno para Burela facer as xestións oportunas para a construción desta infraestrutura vital para Burela, xa non só polo ascenso do fútbol sala Burela senón por toda a poboación que realiza algunha modalidade deportiva e que nalgúns dos casos tena que practicar fóra de Burela.

O PSOE estivo enganando sobre este tema e sobre outros a Burela, non hai xestións demostradas, non hai un proxecto, non hai posta ao dispor de terreos, non hai partida orzamentaria. Non hai nada, só iso mentiras. E para a solución que se pretende vender, cremos que tampouco se fixo nada.

Exit mobile version