Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro: “Viveiro ten que poñer en valor as empresas locais que xeran postos de traballo e valor engadido”

 Viveiro. 14 de maio de 2019. Bernardo Fraga, Manuel Galdo e Ana Gómez, visitaron esta mañá as instalacións da empresa López Pigueiras SA, acompañados polo propietario Manuel López. Na visita, os independentes puideron comprobar in situ a elaboración da tarima, que López Pigueiras realiza nas súas instalacións. A empresa viveirense ten medio cento de empregados na actualidade e exporta e coloca tarima a nivel internacional.

Os independentes visitaron as instalacións, para poñer en valor as empresas transformadoras locais, que xeran postos de traballo e valor engadido.

Manuel Galdo, presidente de Promavi e número dous da candidatura, declarou á saída, “Constatamos as posibilidades de transformación da masa forestal de Viveiro e da Mariña, que van mais alá da pasta de papel, o cal augura un bo futuro para o sector forestal”

Exit mobile version