aprobe medidas e axudas que fagan a gandería máis ecolóxica, en liña co New Deal, sen esquecernos da eficiencia nos procesos para que continúe a ser rendible e proporcione riqueza nas zonas rurais”.
Piñeiro Docampo advertíu que “eleximos Lalín para revelar a nosa intención de lanzar esta iniciativa en Bruxelas porque é o concello agrogandeiro de referencia en Galicia, cun maior número de cabezas de ganado, e representa tamén unha clara mostra de que o urbano e o rural poden coexistir perfectamente sempre e cando se fagan as cousas ben, tal e como se está a facer Compromiso Por Galicia en Lalín, da man de Rafa Cuíña”.