Compostela 12-5-19. Acompañado polo alcalde de Lalín, Rafa Cuiña, o Cabeza de lista de CxG nas europeas e Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, declarou hoxe diante dos micrófonos da TVG que “é preciso un cambio na política agraria en relación aos procesos produtivos na gandeiría. Queremos que os gandeiros do País se sintan acompañados e que en Bruxelas coñezan a realidade do sector”. O número tres pola Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS) afirma que propón que “sexa o parlamento europeo o que
aprobe medidas e axudas que fagan a gandería máis ecolóxica, en liña co New Deal, sen esquecernos da eficiencia nos procesos para que continúe a ser rendible e proporcione riqueza nas zonas rurais”.
Piñeiro Docampo advertíu que “eleximos Lalín para revelar a nosa intención de lanzar esta iniciativa en Bruxelas porque é o concello agrogandeiro de referencia en Galicia, cun maior número de cabezas de ganado, e representa tamén unha clara mostra de que o urbano e o rural poden coexistir perfectamente sempre e cando se fagan as cousas ben, tal e como se está a facer Compromiso Por Galicia en Lalín, da man de Rafa Cuíña”.