No audiovisual o cabeza de lista fai un repaso polas potencialidades da cidade: a cultura, as tradicións, as festas, a gastronomía, o patrimonio, a música ou o deporte, entre outras.
Rodríguez explica que Viveiro “precisa estar vivo e saber a onde vai, precisa un futuro, precisa xestión, traballo, precisa infraestruturas, coidar aos maiores e aos nenos. Por iso precisa un programa comprometido”, apunta.
“Porque Viveiro es ti, Viveiro son eu e Viveiro somos todos, Vota PP”, conclúe.
O vídeo foi difundido hoxe a través das redes sociais Facebook, Twitter e Instagram para chegar a un maior número de veciños e veciñas. Nos vindeiros días distrubuiranse novas pezas nas que os membros da súa candidatura expoñen os principais puntos do programa electoral dos populares.
Enlace ao vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=B_dwXBWe53Y&feature=youtu.be