Site icon Crónica3.com A Mariña

Óscar Rodríguez comprométese a facer de Viveiro un ‘Concello emprendedor’ para atraer empresas e crear emprego

 Viveiro, 22 maio, 2019. O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, avanza o seu compromiso de facer de Viveiro un ‘Concello emprendedor’ co obxectivo fundamental de atraer empresas e crear emprego.

A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron en outubro de 2017 un convenio de colaboración para a creación de ‘Concellos Emprendedores’. Ata a data Viveiro non forma parte deste programa, polo que o popular manifesta a súa intención de sumarse. Así, concellos limítrofes coma Xove ou O Vicedo xa están adheridos e beneficiando ao seu tecido empresarial.

Os obxectivos da adhesión supoñen:
•Atraer novas inversións para o Concello coa creación de novas empresas
•Facilitar que o emprendemento teña menos trabas administrativas
•Dinamizar o tecido empresarial do Concello
•Crear emprego

Constituírse como ‘Concello emprendedor’ trae consigo unha serie de facilidades para empresas e emprendedoras. Entre elas, unha maior simplificación administrativa con bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes, máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes, así como máis incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

Beneficiarios
Os beneficiarios da adhesión a este programa serán todos os emprendedores e emprededoras ou empresarios e empresarias que queiran investir e crear novas empresas ou ampliar as existentes no noso Concello.

Exit mobile version