A maiores destas obras, vanse levar a cabo unhas actuacións de posta a punto que van comezar de xeito inminente.
As obras desta primeira fase permitirán mellorar a comodidade e benestar dos usuarios do centro, así como incrementar a eficiencia enerxética do edificio, o que beneficiará ao medio ambiente e reducirá o gasto de mantemento. A reforma do albergue era unha demanda que os populares lle teñen trasladado á conselleira, que Fabiola García atendeu amosando “unha vez máis” o compromiso da Xunta con Viveiro.
O popular pon en valor “a celeridade” coa que a Xunta acometerá esta mellora, despois de terse comprometido a conselleira de Política Social na súa última visita á cidade. O popular recorda que a titular do departamento autonómico comprometeu unha actuación integral no inmoble que se desenvolverá en varias fases, a primeira delas este mesmo ano.
Reforma da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros
“A Xunta cumpre con Viveiro e así o seguirá facendo”, destaca Rodríguez, quen subliña ademais o compromiso anunciado pola Consellería de Infraestruturas para reformar a estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros cuxo proxecto levará a cabo o Goberno galego este mesmo ano.
En ambos os casos, precisa o popular, trátase de actuación demandadas polo Partido Popular de Viveiro que se van ver atendidas este mesmo ano, o que suporá un importante investimento para a cidade e a mellora das nosas infraestruturas e servizos.