Site icon Crónica3.com A Mariña

Os alumnos do ciclo superior de electricidade e electrónica do CIFP ribadense Porta da Auga realizaron unha actividade práctica nas instalacións de alta tensión da empresa Frigoríficos de Ribadeo

 Ribadeo, 16 de maio de 2019. Os alumnos do ciclo formativo de grado superior da familia de Electricidade e Electrónica do CIFP Porta da Auga participaron nunha actividade de formación sobre realización de manobras de mantemento e verificacións regulamentarias de instalacións de alta tensión. A actividade contou coa colaboración da empresa Frigoríficos de Ribadeo SA, a cal permitiu facer as prácticas no seu centro de transformación, que consistiron en corte e reposición da tensión nunha instalación industrial con acometida a 20.000 voltios, reposición dun fusible e realización das medidas que hai que facer nunha inspección así como no mantemento deste tipo de equipamentos.
A esta actividade práctica asistiron once alumnos e dous profesores. Tamén participou a empresa EUROCONTROL, de Ames (A Coruña), que foi a que explicou como se verifican e realizan os labores de mantemento das instalacións de alta tensión deste tipo.
“Queremos agradecer ás empresas citadas que nos permitiran facer estas prácticas moi interesantes para a formación do alumnado”, comentou o xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga, Benito Fernández Rey.

Exit mobile version