Oitenta persoas das 120 que participaron nas Tardes de Lecer, no Tai Chi e na Ximnasia, actividades organizadas polo Concello de Ribadeo, gozaron dunha viaxe a Asturias
redac
Alí visitaron o Museo da Sidra en Nava, xantaron fabada asturiana e cachopo en El Berrón e acudiron ao Museo Mineiro de El Entrego. Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural do Concello, agradece “a todo o mundo que fixo posible estas actividades, Luisa, Begoña, Cris, Dani e Luis e… a todos e todas vosoutros/as que desfrutástedes da intriga de non saber a onde iamos. Graciñas por deixarvos sorprender”. As Tardes de Lecer remataron este 15 de maio, o Tai Chi concluirá o 31 de maio e a ximnasia de espalda tamén rematará o 30 de maio. A clausura oficial de todas estas actividades será o 9 de xuño.