Site icon Crónica3.com A Mariña

O Teatro de Ribadeo acolle este sábado, o XII Festival de coros infantís e xuvenís da fecoga, que organiza nesta ocasión a agrupación do colexio ribadense sagrado corazón.

 Ribadeo, 31 de maio de 2019. O Teatro de Ribadeo acollerá mañá, sábado, ás sete da tarde a décimo segunda edición do Festival de Coros Infantís e Xuvenís da FECOGA (Federación Coral Galega). Este evento está organizado nesta ocasión polo coro do colexio ribadense Sagrado Corazón dentro das actividades que se celebran con motivo do 50 aniversarios das actuais instalacións do centro.
No festival de mañá, ademais do coro Sagrado Corazón, de Ribadeo, actuarán o Coro Xoven, de Baio; o Coro Infantil da Confraría de Pescadores de San Martiño (O Grove); e a Coraliña Cantora, de Trives.
O coro infantil e xuvenil do Sagrado Corazón, que conta na actualidade cunhas 80 voces, vén funcionando dende o ano 1984 de xeito regular, incluso fóra do tempo lectivo, e conta na súa traxectoria con varias ducias de premios a nivel nacional, autonómico e provincial.

Exit mobile version