Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz lamenta profundamente o bloqueo da Xunta de Galicia ao debate electoral do IES

Foz 16-05-2019. Lamento profundamente a decisión unilateral da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de prohibir o debate electoral que se ía celebrar esta mañá no IES de Foz entre os cinco candidatos que nos presentamos á alcaldía do Concello. Respecto a decisión da Xunta de Galicia, pero non a comparto en ningún dos seus termos. Creo firmemente que un debate é sempre enriquecedor e que se deben fomentar o espírito crítico e os valores democráticos entre os estudantes: formar cidadáns, con liberdade de pensamento, con opinións propias. Un exercicio educativo en toda regra. O PSOE de Foz e toda a candidatura estaremos á disposición do IES de Foz se a Xunta de Galicia rectifica e permite a celebración dun debate que nos parece un gran acerto. Declaracións de Fran Cajoto, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Foz.

Exit mobile version