Site icon Crónica3.com A Mariña

O persoal do xeriátrico de Viveiro (DOMUSVI) continúa coas concentracións de protesta polos calendarios impostos pola empresa

 Viveiro 14-5-19. Temos convocadas concentracións para os vindeiros martes 14 – 21 – 28 de maio dende as 14:15 ata as 15:30 horas. Despois do comunicado á empresa o 30 de abril, no que se expoñían unha serie de consideracións do persoal en relación coa situación laboral, a empresa convocounos a unha reunión o pasado 8 de maio, que se pode resumir:
Nós acudimos á reunión pensando que as mobilizacións terían feito reflexionar algo á Dirección, e que a ía poñer solución reais enriba da mesa.
Mais, pola contra, a postura segue, polo de agora inamovible e o único punto que entraron a tratar era que nos aviñésemos a asinar as carteleiras do ano 2019, ollo DE TODO O ANO 2019. E os acordos acadados o día 07/02/2019 en materia de cambios de quenda irían condicionados a esa sinatura.
E, por qué dende o comité nos negamos a asinar ditas carteleiras?
1.- Porque xa consta en acta que a asemblea de traballadoras deu conformidade a prorrogar as carteleiras do 2018. Polo tanto mentres non se negocien unas novas, esas están plenamente en vigor e non entendemos que haxa que poñer por escrito o mesmo dúas veces. Por qué ese interese por parte da empresa…?
2.- Porque o día 20 de xuño vaise celebrar o xuízo do Conflito colectivo referente a descansos e compensación de festivos. En función do resultado do mesmo as carteleiras poden variar substancialmente. Polo tanto que sentido ten asinar a estas alturas unhas carteleiras que nun mes poden quedar obsoletas? Acaso a empresa quere “curarse en saúde” e ter unas carteleiras asinadas para TODO O ANO para que o resultado do xuízo non altere ditas carteleiras?
En todo caso, e en aras de normalizar o clima de traballo e de distender as relacións coa dirección fixemos unha proposta: nós non temos problema en asinar as carteleiras prorrogadas do 2018 como carteleiras para o ano 2019 ( se así o ratifica o persoal en asemblea) sempre e cando se poña no acordo unha cláusula de que estas serán revisables e se terán que adecuar ao resolto en dito conflito colectivo.
Dita proposta non foi aceptada de momento xa que os representantes da empresa alegaron non estar en disposición de aceptala sen consultar aos seus superiores polo que quedamos á espera da resposta.

Exit mobile version