Cervo, 29 de Maio de 2019. Alfonso Villares e os membros do seu equipo están de noraboa tras os resultados acadados nos comicios celebrados o pasado domingo 26 de Maio. Conseguiron revalidar a maioría absoluta e acadar sete dos once concelleiros que forman parte do pleno municipal.
Para Alfonso Villares “estos resultados son unha verdadeira mostra de confianza por parte dos veciños e veciñas do noso Concello, tendo en conta ademais que o mesmo día se votaba a unhas eleccións europeas, e vendo que os resultados non son os mesmos, pois pasamos do 35,91% de voto nas europeas ao 63,37%. Esta subida do 27,46% das municipais con respecto ás europeas representa a maior subida do Partido Popular en toda a provincia”.
É importante destacar tamén que estos resultados se dan baixo unha participación do 83,06%, que medrou un 3,07% desde as últimas eleccións municipais.
Con 107 electores menos que as anteriores eleccións municipais os resultados foron de 212 votos máis a favor, chegando a cifra de 1939 votos”.
Esta victoria é ainda máis significativa no contexto actual, e remarcar que fumos o partido que máis sube una última lexislatura con 212 votos, polos 71 do BNG.
Di Alfonso Villares que “hai que agradecer a todos os veciños e veciñas o apoio obtido nas eleccións municipais. Un apoio que nos compromete ainda máis para seguir traballando por e para todos os veciños, e tendo ao Concello de Cervo como a nosa única prioridade”.