Deste Portage, José Ramón tivo un percance no timon, o que lle atrasou un tempo e foi absorbido polo grupo perseguidor.
A partir de aquí, Xoel foi baixando a un bo ritmo que se traduciu en aumentar a vantaxe sobre o grupo que lle perseguía ao pasar polos puntos emblemáticos deste descenso, fervenzas de Ombreiro, Caneiros do Chiquito e Illas, alcanzando a meta nun tempo de 1:11:54. O grupo perseguidor veu 2 minutos máis tarde con chegada en Sprint. Venceu José Ramón Estévez e en terceiro lugar o padexeiro tamén do Clube Fluvial Pedro Arrambarri.