Lugo 5-5-19. Tras un bo comezo, o seu compañeiro José Ramos Estévez e Xoel Docal, conqueriron chegar cunha vantaxe ao Caneiro de Sta Isabel (Outeiro), aumentando a vantaxe ao paso pola Portage obrigatoria no encoro do Piago.
Deste Portage, José Ramón tivo un percance no timon, o que lle atrasou un tempo e foi absorbido polo grupo perseguidor.
A partir de aquí, Xoel foi baixando a un bo ritmo que se traduciu en aumentar a vantaxe sobre o grupo que lle perseguía ao pasar polos puntos emblemáticos deste descenso, fervenzas de Ombreiro, Caneiros do Chiquito e Illas, alcanzando a meta nun tempo de 1:11:54. O grupo perseguidor veu 2 minutos máis tarde con chegada en Sprint. Venceu José Ramón Estévez e en terceiro lugar o padexeiro tamén do Clube Fluvial Pedro Arrambarri.