O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “a Librería Couceiro de Santiago de Compostela vai facer unha presentación de A Viaxe de Brandán. É un libro que se publicou na Escola de Música para ofrecer un traballo que se fixo alí e que recolle literatura e música”.
O rexedor salientou que “é unha obra moi ben feita que ven a indicar como se fan as cousas na Escola de Música de Burela. Tamén é un elemento motivador para que os rapaces se sintan a gusto vendo que se van facendo cousas que son moi interesantes nesta Escola, e tamén nos interesa informar destas labores que se veñen facendo nesta Escola porque mañá na presentación contamos con alumnos doutras escolas e estudantes de Santiago. Entendemos que é positivo que esta obra se desa a coñecer e serva como elemento condutor noutras escolas”.