Porán en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumista apta para todos os públicos. A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas. A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.