Ribadeo, 23 de maio de 2019. O Concello de Ribadeo súmase á campaña internacional Quere o teu mercado. Ana Martínez, edil de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, comentou que “co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados na nosa vila, potenciado así a compra dos produtos locais e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras, o Concello participa na campaña Quere o teu mercado, en colaboración coa Xunta de Galicia”.
Quere o teu mercado (LoveYour Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola WorldUnionofWholesaleMarkets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.
Martínez engadiu que “Ribadeo quere participar dentro desta campaña e celebrar o día dos mercados na mañá do vindeiro sábado, 25 de maio, na praza de abastos, onde se desenvolverán diversas actividades que animarán a mañá e fomentarán o mercado coma un espazo de vida e compra esenciais dentro das nosas vilas”.
As actividades serán as seguintes:
Música & Mercado: Concerto de Mardi, sobre as 12:30 horas da mañá.
Mercado & Creatividade: Obradoiro de pequen@s grandes locutorxs para picar@s , a partir de 7 anos. Dará comezo ás 11.30 horas (non é preciso inscrición)
Mini Market de Productos Locais: cervexa, marmeladas e queixos desde as 10:30 horas da mañá.
Tamén haberá o Mercado da Horta dos sábados. E terá lugar o sorteo dun cheque por valor de 100 euros da asociación de praceir@s da praza ribadense.