O grupo de gaitas Cántigas e Frores, de Lugo, percorrerá as rúas e os bares de Vilanova a partir das 12 do mediodía. E ás 19:30 horas, no salón de exposicións do Concello, lembrarase a figura e a obra do escritor homenaxeado nesta ocasión, Antón Fraguas. Rematarán os actos cun recital poético a cargo da poetisa laurentina Marina Oural, con poemas de Juana de Ibarbourou, escritora uruguaia con raíces en Lourenzá.