Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo celebrou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer ao público as diferentes actividades postas en marcha no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos

A día de hoxe xa están en funcionamento o centro equino “Cabaliño de Pao”, o café-bar cultural “A Sacabeira”, o obradoiro de alimentación ecolóxica “A Morena” e o estudo creativo e de arte na pel e perforación “Enigma”. As instalacións ampliarán proximamente a súa actividade cun establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais, para o que xa está adxudicado o local número 1.

Exit mobile version