Cervo, 22 de maio de 2019.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, programa unha nova edición do programa Cervo a carón do voluntariado.
A iniciativa está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos. As persoas inscritas poderán colaborar nas diferentes actividades que se programan dende o Concello como os Enredos de Verán ou as Noites Alternativas, participar activamente nas exposicións de carácter artístico, cultural e relacionadas co medio ambiente; e en actividades de animación e promoción de lectura; entre outras.
O proxecto de Acción Voluntaria abrangue ata o 1 de outubro, e cada voluntario colaborará nos programas un máximo de 60 xornadas de 6 horas diarias.
As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. Máis información na Casa da Cultura de San Ciprián (982 59 51 57).