O evento tivo lugar na área recreativa de Santa Cruz este pasado sábado e contou cuns 200 asistentes. Desde a dirección do colexio Sagrado Corazón agradecen a participación das familias que asistiron a esta “xornada moi agradable de convivencia, na que o tempo acompañou. Houbo bo ambiente e diversión, sobre todo para os máis pequenos, que gozaron do concerto de Gramola Gominola e dunha tarde de xogos na natureza”.