Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato á reelección de Foz polo Partido Popular, Javier Jorge Castiñeira, está contento do resultado do debate celebrado este mércores

Foz, 22 de maio de 2019. O candidato á reelección para alcalde de Foz polo Partido Popular, Javier Jorge Castiñeira, está contento do resultado do debate celebrado hoxe, mércores, na emisora de radio municipal focense.
“Estiven encantado de participar no debate público que se fixo en Radio Foz, na radio de todos os focenses, e estou satisfeito e contento porque puiden explicar as múltiples cousas que se fixeron no noso concello, algunhas delas históricas, como a aprobación do Plan Xeral, a posta en marcha a residencia de maiores de Foz, o dragado do porto e novos pantaláns, a oficina de turismo virtual da Mariña e o Centro de Intepretación de San Martiño, ademais de centos de actuacións moi positivas que se fixeron nesta lexislatura”, manifestou Javier Castiñeira.
O candidato do PP focense engadiu: “nós estamos sempre encantados de ter un debate público e lamentamos que non se puidese facer no seu momento no Instituto posto que creo que era claramente beneficioso para todo o mundo, especialmente para nosoutros porque foi unha boa lexislatura e hai que tratar de explicarlla a todos os veciños de Foz. E lamentar que no debate de hoxe non puidese haber público porque foi nos propios estudios de Radio Foz. Esperemos que en próximas ocasións poida haber debates con público porque eu síntome cómodo neles. Foron máis de cen debates abertos nestas dúas últimas lexislaturas, nestes 8 anos, posto que en cada pleno tivemos sempre debate entre os grupos, e ademais varios debates en época electoral, con rivais complexos no seu día, como Pepe Rivera, Xaime Cancio ou o señor Basanta”.
Castiñeira rematou comentando que está contento “de poder participar, unha vez máis, nun debate deste tipo e satisfeito polo seu resultado”.

Exit mobile version