Burela, 14 de Maio de 2019. Mario Pillado demanda a celebración dun debate público entre os candidatos á alcaldía cun horario que facilite a asistencia para a veciñanza. De feito, o candidato do BNG á alcaldía de Burela xa se dirixiu a diversos medios da comarca para impulsar este evento, fundamental para o desenvolvemento da campaña sexa o mais democrático e transparente posible.
“Na anterior campaña, en 2019, non se celebrou ningún debate público ao que os veciños e as veciñas tiveran acceso en directo e agora, en 2019, cremos que sería de moito probeito para que a veciñanza se decida. En Burela temos un escenario idóneo para iso no auditorio da Casa da Cultura, con moita capacidade e espazo suficiente para os medios” Sinalou o candidato do BNG, Mario Pillado.
Mario Pillado lanza esta proposta co fin de garantir o debate público de ideas e que a veciñanza poda escoitar de primeira man as propostas das distintas candidaturas. “Se outras opcións políticas non están abertas ao debate será porque ou ben teñen medo ao debate ou simplemente non teñen propostas para Burela, mais polo BNG non será que non haxa debate en Burela”” rematou Pillado.