A candidata á Alcaldía de Viveiro, Miriam Bermudez, indica que “estamos a dar os pasos necesarios para lograr o tan demandado terceiro Xulgado para o noso Partido Xudicial. Precisamos do terceiro Xulgado para poder garantir unha xustiza de calidade. Reclamámolo o pasado 26 de abril e vimos da man das traballadoras e traballadores da Xustiza como, pese ao gran esforzo e profesionalidade, non hai recursos suficientes. Neste sentido, o 30 de abril foi aprobada unha moción no Pleno da Deputación de Lugo presentada polos deputados do BNG. Isto permitirá disponer dos recursos e espazos necesarios, pois xa existe a cesión de locais anexos que hoxe están inutilizados. Sen embargo, as mulleres vítimas seguen agardando sentadas nunha sala sen acondicionar, chea de informes, para non cruzarse cos seus agresores. Confiamos en que co traballo e apoio de todas e todos esta situación mude próximamente.”
Bermúdez recorda que “a violencia machista non é unha materia pendente únicamente da Xustiza. No noso programa incluimos a elaboración dun Plan Municipal de Igualdade, no que abordamos a importancia da de educación na mocidade e adultos, a igualdade laboral ou o asociacionismo.”