“Non me resigno a que Viveiro siga sendo maltratado polos nosos gobernantes e non facer nada. Nós estamos dispostas a dar cara e pelexar polo que é de xustiza de Viveiro e d@s viveirenses” afirma Miriam Bermúdez no seu video de presentación ás veciñas e veciños de Viveiro e pídelles que se sumen ao proxecto de concello que propón o Bng para transformar Viveiro nunha vila con futuro para a xente moza e @s viveirenses, porque asegura a candidata do bloque á alcaldía “Temos as persoas. Un modelo de vila, as ideas claras e sabemos como facelas realidade”.