Garantir a posibilidade de acceso á actividade físico-deportiva para todos os cidadáns e cidadás que o demandaren, e coa adecuada supervisión técnica.
Realizar un traballo de coordinación e promoción do tecido asociativo deportivo.
Prestar unha especial atención ao deporte escolar e de base, a través da optimización das infraestruturas existentes.
Considerar o deporte de competición no sentido amplo e non só dos deportes masivos e entendelo como un estímulo e complemento da práctica da actividade físico-deportiva.
Impulsar a creación de escolas deportivas, así como a ampliación e diversificación da oferta existente de actividade físico-deportiva para todas as idades.
Dar pulo ás actividades fisico-deportivas populares e masivas ao aire libre, a través da elaboración de proxectos deportivos para toda a poboación e da utilización da vila como espazo onde a práctica do deporte poida ser un feito cotiá a través de roteiros deportivos urbanos e rurais.
Pular por dar visibilidade aos deportes “minoritarios”, poñéndoos en valor e chamando a atención sobre as súas potencialidades.
Estas liñas de acción política a desenvolver polo BNG desde o goberno municipal concretaranse nas seguintes actuacións:
Actuacións en infraestruturas deportivas
● Realización dun censo das instalacións deportivas públicas, municipais e comarcais, para optimizar o seu uso, promovendo cando sexa posible a optimización das instalacións a nivel mancomunado entre diferentes concellos.
● Habilitar para a práctica deportiva espazos naturais, rurais e urbanos, respectuosos co medio ambiente, no que atinxe a aquelas actividades integradas no medio (tales como o Parque de Covas…)
● Impulsar a optimización das infraestruturas dos centros educativos de Viveiro para a súa utilización fóra do horario lectivo, en colaboración coa administración educativa e co tecido asociativo deportivo.
● Prestar especial atención ás necesidades de acceso e uso sen barreiras nas instalacións deportivas (criterios de accesibilidade).
● Realizar un Plan de xestión para o uso da piscina municipal, pavillón polideportivo, campos de fútbol e outras instalacións deportivas de titularidade municipal
Deporte escolar
O Bng considera a escola como primeiro núcleo, básico, para achegar os nenos e as nenas á actividade físico-deportiva. Así que é necesario introducir á infancia no deporte como xogo e un xeito de relación social, non como pura competición. Con tal finalidade cremos necesario desenvolver:
● Campañas extraescolar de animación ao deporte nas escolas.
● Xornadas de práctica deportiva extraescolar para tomar contacto cos distintos deportes.
● Fomento da participación dos centros de ensino nas distintas modalidades deportivas.
Deporte de base
● Na política de axudas primarase o modelo educativo-deportivo (diversificación deportiva, normalización lingüística, superación da discriminación de sexo) e o traballo máis que os resultados.
● Facilitar a utilización das instalacións deportivas municipais e o asesoramento necesario para a formación de monitores/as, persoal directivo, árbitros/as.
● Potenciar asociacións de clubes de base de ámbito municipal.
Deporte federado
● Solicitar ás administracións supramunicipais, en colaboración directa coas respectivas federacións, a adecuada dotación e mantemento das infraestruturas deportivas de propiedade municipal (campo de fútbol de Cantarrana…) utilizadas polo deporte federado non de elite.
● Estabelecer convenios de colaboración cos clubes federados orientados á dinamización social e á súa implicación na política deportiva municipal.
● Asinar, no seu caso, cos clubes de elite, convenios para a promoción do deporte entre a poboación escolar, por medio de visitas a centros educativos, charlas, xornadas ou de facilitar o acceso ás competicións deportivas.
Deporte recreativo
● Promover o deporte recreativo, como factor de lecer, para mellorar o estado físico, organizando competicións de carácter popular ou xornadas de deporte na rúa e impulsando campañas de sensibilización sobre os aspectos positivos da práctica do deporte.
● Promover diversas actividades deportivas no medio natural: vela, submarismo, programas de camiñada, circuítos populares e roteiros que axudarán á veciñanza a coñecer os espazos naturais do municipio e a concienciar da necesidade de preservar estas contornas. Asimesmo estas actividades contribuirán a achegar a poboación de Viveiro as súas parroquias, mellorando a súa cohesión social.
● Potenciar o achegamento dos/as cidadáns/as ás instalacións deportivas e aos eventos deportivos cunha política de prezos axeitada.
Deporte dirixido a persoas con diversidade funcional
● Atender as necesidades e demandas, en materia de deporte, de todos e todas as deportistas con discapacidade que precisen da intervención e colaboración da administración para desenvolver a súa vida deportivo competitiva.
● Promover a súa inclusión social e laboral a través da actividade física e do deporte.
● Facilitar o acceso das persoas con diversidade funcional aos recintos deportivos, a través da adaptación dos mesmos para seu uso.
Deporte para persoas maiores
● Achegar a actividade físico deportiva, como servizo público de benestar ás persoas maiores, como por exemplo a través de cursos formativos sobre o uso correcto dos parques biosaudables existentes no concello.
● Promover programas de deporte específicos para maiores.
Eventos deportivos
● Promoción de deportes de carácter autóctono e xogos populares con arraigo no concello (carreiras de cabalos, bolos…)