Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa á Xunta de falta de respecto institucional e desprezo polos veciños de Viveiro

 Viveiro a 7 de maio de 2019. A organización nacionalista denuncia que, logo de padecer @s viveirenses durante anos a continúa marxinación da Xunta e o desprezo do seu presidente, amén do incumprimento reiterado das promesas electorais do sr. Feijoo, e de ser testemuños todas as viveirenses e viveirensas da parálise e bloqueo da Xunta do PP de investimentos aprobados para este concello e sufrir a súa política de desmantelamento de servizos públicos básicos para a nosa comarca, como son: o hospital da Costa, a supresión da Área Sanitaria da Mariña, a eliminación de servizos de autobuses, o desmantelamento do tren FEVE da costa norte galega,etc. e a case inexistencia de investimentos nas infraestruturas viarias da Comarca, agora estamos a presenciar estas últimas semanas, denuncia a vicerresponsable do BNG e Candidata á alcaldía,Miriam Bermúdez, unha bochornosa utilización electoralista por parte do sr. Feijoo e o sr. Balseiro na carreira electoral do PP ás municipais de Viveiro co sr. Óscar ao fronte. Señor que, xunto con Balseiro, cargo público da Xunta e por tanto pagado mensualmente con fondos públicos de tod@s nós, están a anunciar, día sí e día e día tamén, obras xa comprometidas no 2016 e cuxos proxectos estiveron aparcados no caixón da Xunta ata hai uns días, mentras colectivos viveirenses, como son os asinantes do Manifesto pola rexeneración da Ría de Viveiro, seguen esperando unha resposta oficial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade desde o 7 de xaneiro, en que lle remitiron dito manifesto esixindo o cumprimento dos prazos prometidos da execución das obras de mellora do saneamento da ría, recollidas no convenio asinado no 2016 entre a Consellería e o Concello.

No Bng temos claro, explica Miriam Bermúdez, que o sr. Óscar é o candidato do PP en Viveiro e que seguramente representa aos militantes do PP de Viveiro, e polo tanto, a día de hoxe este señor é un candidato máis dun partido político, como outras moit@s, pero non representa “institucionalmente” á veciñanza de Viveiro posto que non é nin alcalde, nin concelleiro e polo tanto non forma parte da corporación municipal. Polo que nos parece vergoñento e intolerable nun estado que di ser democrático o uso que está a facer o PP da Xunta cos fondos públicos de todos nós para, con total e continuo desprezo ao concello de Viveiro e @s seus veciñ@s, promocionar a carreira política do seu candidato.

Desde o BNG de Viveiro esiximos ao goberno de Feijoo deixen de usar as institucións e os investimentos públicos para lanzar ao estrelato ao seu candidato e empecen a comprometer partidas orzamentarias para poñer en marcha as actuacións necesarias que eviten o risco de novas inundacións do río de Xunqueira (situación moi preocupante a deste barrio á que lle está dando largas con informes) e comecen, dunha vez por todas, as obras paralizadas como as do emisario submarino á altura de Celeiro, entre outras, e fagan os deberes que teñen pendentes para evitar perder os fondos FEDER europeos, que son os que financian nun 85% estas actuacións.

Exit mobile version