Este mércores desenvolveuse a campaña “Separar con xeito para recilcar a feito!, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Sogama, Ecoembes e o Concello. Desenvolveuse na Praza do Centro Cívico cunha carpa informativa onde monitores ambientais informaron aos presentes sobre os beneficios da recollida selectiva e a reciclaxe de refugallos, tratando de sensibilizalos para levar a cabo esta práctica.