Barreiros, 12 de maio de 2019. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou Barreiros este sábado. Xunto ao alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad, achegouse ata a praia de Coto. Volverá cando rematen as obras de mellora do albergue de Gondán.
O rexedor explicou que “hoxe recibimos a visita de Nava Castro para coñecer o paseo das praias e a zona onde está situado o posto de primeiros auxilios. Veu ratificar ese apoio que existe desde a Xunta e desde Turismo de Galicia a Barreiros, un concello eminentemente turístico e ao mesmo tempo ratificar a subvención de 24.000 euros que acabamos de recibir para a sinalización, entre outras cousas, de dúas rutas. Por unha banda, a zona de praias, e por outra a entrada e saída do Camiño de Santiago”.