Site icon Crónica3.com A Mariña

Moñita asegura que CxG creará unha zona verde e un pequeno aparcadoiro no cemiterio

Burela 14-5-19. O candidato e CxG á alcaldía de Burela asegura que promoverá unha pequena zona verde cun par de bancos diante do cemiterio da vila, así como un aparcadoiro para coches, xa que existe demanda dela.
Moñita comprométese á realización da obra “como nova media para contrarrestar un novo caso de mala xestión municipal, tanto por parte do PP como do PSOE, xa que se dispón dos terreos e este sería un proxecto doado de realizar e moi empregado polos veciños”. O alcaldable considera que “este tema podería estar resolto fai moito tempo, e ademais axudaría a mellora a imaxe da zona, facéndoa máis humanizada e utilizable”.
“Non entendemos a postura das forzas da oposición, en especial do BNG, xa que en ningún momento nos últimos 8 anos o teñen proposto. Semellan estar máis interesados en facilitarlle o traballo ao Alcalde e en solucionar unicamente o tema do pavillón (que por certo segue sen arranxarse), coma se non houbera outros temas a tratar na vila, que en facer oposición construtiva.

Exit mobile version