Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019. A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 69.494,53 metros cadrados de solo empresarial nos parques de Carballo, Santiago de Compostela, Negreira, Lugo, Viveiro, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Mos. Así se acordou esta mañá durante a reunión da comisión executiva de Xestur Galicia, empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
En total, adxudicáronse 14 parcelas cun prezo de venda que ascende a 5.388.897,58 euros, unha vez descontadas xa as bonificacións correspondentes –que poden ser do 30 ou do 50%, en función do concello no que estea o parque- e que suman en global 2.754.405,85 euros, tal e como se detalla.
PARQUE
NÚMERO DE PARCELAS
SUPERFICIE m2
IMPORTE DA BONIFICACIÓN €
Bértoa (Carballo)
3
7.317
271.746,53
A Sionlla (Santiago)
3
21.669
980.960,40
Negreira
2
3.213
69.679
Pereiro de Aguiar
2
3.750
300.000
Central de transportes de San Cibrao das Viñas
1
5.338
183.482,14
Mos
1
16.730
569.321,90
As Gándaras (Lugo)
1
10.159
482.552,50
Viveiro
1
1.318,53
49.444,88
TOTAL
14
69.494,53
2.754.405,85
Cómpre lembrar que desde o ano 2015, no que a Xunta comezou a aplicar este tipo de bonificacións, adxudicáronse máis de 1,4 millóns de metros cadrados de solo empresarial nos parques propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e de Xestur, con descontos que suman 46,59 millóns de euros. Na mesma liña, cómpre lembrar que a partir do ano 2016 ofreceuse tamén a posibilidade de adxudicación de solo en forma de dereito de superficie, unha modalidade que lle permite ás empresas acceder a novas parcelas mediante o pago dun canon anual moi reducido por metro cadrado.
Para continuar facilitando o acceso a solo empresarial nalgún dos parques existentes da comunidade, a Consellería de Medio Ambiente puxo este ano a disposición das empresas galegas ou daquelas de fóra interesadas en asentarse na comunidade máis de 1,25 millóns de metros cadrados pertencentes a Xestur e ao IGVS con prezos de venta bonificados nun 50% ou nun 30%, dependendo da zona onde se empracen as parcelas.