– O noso apoio e solidariedade coa asociación Mariña Patrimonio, un colectivo comprometido coa defensa do patrimonio cultural
– A nosa ingrata sorpresa polas manifestacións de Sargadelos, emblema do deseño cultural e da identidade do noso país, por ter manifestado que o patrimonio cultural é “un incordio”, cando debería estar orgullosa do tesouro herdado dos mestres Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo
Pedimos unha rectificación, e que a empresa consulte ao arquitecto autor do edificio emblemático, o prestixioso Andrés Fernández-Albalat Lois sobre as obras que quere levar a cabo, e que solicite a preceptiva licenza municipal e autorización de patrimonio, como calquera cidadán ou empresa. Sargadelos debe dar exemplo perante outras empresas de menor relevancia cultural e cumprir as leis e os mandatos que esixe calquera intervención no patrimonio cultural.
O Patrimonio é responsabilidade de todo o pobo galego, e as asociacións para a súa defensa nacen co espírito de velar polo cumprimento do mandato que, como pobo, temos, o de mantelo e transmitilo na mellor das condicións posibles a xeracións futuras. Aplaudimos o traballo de Mariña Patrimonio na defensa do legado galego, e abogamos pola resolución ética do conflito xerado por Sargadelos.
Comisión Coordinadora da Rede do Patrimonio