María Loureiro destacou que “a proposta do goberno galego para rehabilitar Xunqueira non convence aos veciños que viven no barrio e temos que entendelos e axudalos. Dende o Concello e a Deputación apoiamos aos veciños, como fixemos dende o primeiro momento, porque aínda que sexan viables tecnicamente as obras entendemos que temos que ter en conta a súa calidade de vida, pois hai moita xente maior. E o faremos unha vez máis, sendo as institucións que arriman o ombreiro para que os veciños que viven en Xunqueira poidan saír adiante”.
A Alcaldesa de Viveiro denunciou que “o PP É consciente da situación na que está o barrio e que aínda queda moito traballo para recuperar a totalidade da zona. E o saben porque convoquei unha Comisión Informativa no Concello, na que estaban representantes do Partido Popular, para trasladarlles o informe hidrográfico de Augas de Galicia no que se nos urxe a tomar medidas e reconstruír a zona cun orzamento de 500.000 euros, achegando esa cantidade entre Concello e Deputación. Dende o Concello agardamos que a Xunta de Galicia colabore co financiamento do proxecto e non sexa outra promesa electoral que logo non cumpren”.
O Goberno da Deputación comprometido con Xunqueira
Campos Conde subliñou que “dende o Executivo da Deputación destinamos todos os medios técnicos e humanos necesarios para valorar os informes dos afectados. Achegamos 80.000 euros para arranxar o muro do cemiterio que está moi deteriorado. E volvémolo facer agora para axudar ao Concello de Viveiro a restablecer as prestacións danadas polo desbordamento do río Ponte Labrada. Porque este Goberno da Deputación si ten a sensibilidade que non teñen outras institucións”.