Viveiro, 22 de maio de 2019.
“Feijóo xa non disimula. Se o PP goberna en Viveiro traerá novos investimentos, pero se non o fai non. É dicir, confesa abertamente que leva máis de 10 anos discriminado e castigando aos veciños de Viveiro porque é o PSOE quen goberna no Concello. É dun sectarismo e un caciquismo preocupante que o Presidente de todos os galegos conciba a política desta maneira, pero xa non nos sorprende. E aos veciños tampouco. Volverá no 2020, ano de eleccións autonómicas, a prometer todas as actuacións que non fixo, pero desta vez confío en que haberá un cambio de goberno polo ben do futuro de Viveiro”.
“O PP minte cando di que somos un Concello paralizado. Eu como Alcaldesa e o equipo de Goberno fixemos todas as xestións posibles, recorremos todas as Consellerías, chamamos a todas as portas para que se desbloquearan proxectos tan importantes como o saneamento da ría, o derribo dos galpóns ou a aprobación do PXOM. Pero sempre tivemos un non por resposta. En cambio, representantes do Partido Popular pola Mariña e Viveiro, como o señor Olano, non propuxo unha soa iniciativa en 8 anos. E máis, era tal o seu desinterese polas necesidades dos viveirenses que case non asistiu a un Pleno do Concello.